NEGREIRA 0 - ROSALIA 1
Buff, aínda estou sudando. Curramos como descosidos e foi moi complicado, pero conseguimolo obxectivo dos tres puntos que son moi importantes para nos na nosa situación actual. Saímos tendo como primeiro obxectivo manter a seguridade atrás e eu voltei o lateral nun lado, Juan no outro e Pichilan e Topi no centro da defensa, e todo estivo bastante controlado, salvo nun erro de Toño que quedou gardandolle as costas a Pichilan e intentando cederlle a Mariño deixa o balón os pés do seu dianteriro que non define no man a man que o noso porteiro resolve estupendamente. Pouco despois nunha falta o borde da área, Jano estrela o primeiro balón na cruceta da nosa portería. Nos achegabamonos a sua área pero sin crear perigo claro, pero ocupando ben o campo e estando ordenados. Antes do descanso, lesión de Ramoní, (esperemos que non sexa nada serio), que nos obriga a recompoñer o equipo, e pequeno pinchazo no muslo de Barros que foi o aviso do que lle pasou logo.
Na segunda metade seguimos igual, sabendo que teríamos algunha ocasión, que sería vital se mantiñamos esa actitude e orde no campo. En eles vianse asomar síntomas de nerviosismo pois a súa situación tampouco e boa na táboa.
Nos avisamos nun corner que Toño remata alto de cabeza a dous metros da portería. Pouco despois, novo corner, eles non consiguen sacar o balón da área e tras dous rechaces SuperPichilán, enchufa un zapatazo que nos pon por diante quedando 25 min. E increíble, un central levando unha media de case gol por partido.
Eles reaccionan indose con todo cara arriba e disfrutan de tres ocasións con grandes disparos e nos que Mariño, que estivo espectacular, sacou tres mans increíbles. O tempo non daba pasado e nos xa so buscabamos algunha contra para finiquitar o choque, e nunha Pichi engancha un remate sin deixala caer que se foi algo escorado, cando posiblemente a pudo controlar quedando so ante o porteiro. Xa quedando tres minutos, de novo Jano, manda outra falta a cruceta pero so foi !ui!, non foi gol. Non houbo tempo para mais e a verdade tivemos sorte, pero os paus xogan, e o porteiro tamén. Mariño, de 10, incríble, o que me leva a pensar que xa temos relevo do santo do ano pasado, San Morla, porque o sábado foi San Santi.
Agora temos que facer boa esta victoria o sábado ante o Tourline e escalar postos. Unha mágoa a lesión de Barros, que finalmente rompeu detrás do muslo cando se ve que estaba recuperando sensacions tras anos sen xogar, esperemos que se recupere pronto. Debeu ter parado na primeira metade pero as suas gañas de axudar traicionaronno. Do Negreira decir que non creo que ese equipo descenda nin que pase apuros pois parecenme moi superiores a outros equipos contra os que xogamos.
ROSALIA 3 - DON BUDI 4
Nova derrota, acadada a pulso por tres graves erros defensivos que nos fixeron perder calquer opción de victoria. Adiantaronse logo dun pelotazo do porteiro, Pichilan mide mal e o dianteiro rouballe a carteira e marca. Despois empata Minchas e parece que se podia arreglar a cousa pero casi inmediatamente, noutro erro moi parecido o do primeiro gol volven a adiantarse. Na segunda parte saimos de novo a dalo todo pero marcan o 1-3. Aínda así non decaeu o ánimo e Barros marca o seu primeiro gol da tempada e recuperabamos a ilusión pola remontada, pero...metenlle un balón por banda a un dianteiro deles e salgo a tapalo, pero consigo cagala deixandolle un pasillo para que chegue a liña de fondo e de o pase da morte para adiantarese de novo, 2-4. Xa a desesperada, o central mais goleador da liga, o grandisimo Pichilán, marca o terceiro logo dun corner, pero xa non quedaba tempo para mais. En fin, con tantos regalos a cousa estrará dificil, pero quedome con que eles non me pareceron mellores que nos e confío en revertir esta situación.
Da cea, decir que o Domingo non me acordaba do pin da miña tarxeta, polo que supoño que tiven algo de desgaste neuronal. A comida moi rica e a atención igual e pasámolo moi ben e cheguei algo tarde a casa, pero ainda puden chejar mais tarde. Pichi si que se tuvo que deitar aljo antes que todos, do cal se dou de conta logo de levantarse da silla o acabar a partida de truco, pois tivo unha indisposición prematura, pero sempre hai alguen que te meta na cama, jajaja....
ROSALIA - DON BUDI
As 16:30 hora galega xogamos co Don Budi, partido que deixou un gran recordo a tempada pasada nalguns xogadores. Gañar sería importante e hai que poñer toda a carne no asador. A noite, cea no "Atallo" de Pontevea, e aljuns non teñen moitas gañas de ir a casa despois do partido, pero como non se coma todo na cea non se levanta nadie da mesa. A cea é as 22:30, polo que haberá tempo de tomar catro "tés" con pastas. Bueno, o importante e botar catro risas, para eso temos varios Druidas. Bob Marley sei que non pode vir, pero bailaremos reagge ijual.
Bueno, ata Sábado e consentrasión, sobre todo no partido.
ROSALIA 6 - TALLERES VENTOSA 0
Bueno, primeira victoria na liga e ademais cun marcador contundente. De todolos xeitos a min persoalmente non me gustou nada o xogo que desenrolamos e de novo coa aparición de discusións entre nos que non conducen a nada. O equipo contrario a verdade e que tiña boa pinta, pero tamen me pareceu que a cousa non ía con eles. O descanso chegamos gañando 4-0 sin facer nada do outro mundo, salvo os goles, todos parecidos, entradas por banda e balón cruzado o segundo pau. Moi bo o primeiro, obra do gran Minchas, que anda como unha moto. Logo Pichi en xogada case igual pero pola outra banda, despois creo que Buela e o cuarto Marcos, os dous dende dentro do área, que voltou a aparecer para facer doblete. Na segunda metade partido horrible para a vista, que aparte de dañar os ollos podía crear úlceras de estómago. Únicamente suliñar un novo gol de Pichilán, esta vez co pé, logo de incorporarse o ataque, e outro de Marcos para deixar o definitivo 6-0. Gran traballo de Topi de novo en medio campo, no que fai un despliege físico espectacular. O equipo contrario intentou xogar sempre o balón dende atrás, pero o chegar o noso campo atascábanse, e pareceronme moi blandiños, van ter que correr moito para manterse nesta liga, dame a impresión.
Esperemos que este partido sexa o punto de inflexión e iniciemos o despegue cara riba na clasificación. Para elo debemos batir o Sábado o Don Budi, equipo que oín se reforzou moi ben e está xogando a un bo nivel, sería un bo reforzo moral. Como dato, decir que e o terceiro partido sen ver cartons, (quen nos veu e quen nos ve), e a portería quedou a cero, gracias e tres boas intervenvións de Mariño, que se amosou moi seguro.
O Sábado temos cena, e a ver si vamos contentos logo de gañarlle o Don Budi. Temos a Lucas lesionado nun xeonllo e dende que non veu non perdemos, creo que e por eso...jajaja. Pero a cea seguro que a de vir, e ahí seguro que nos deleita cunha gran actuación porque nas cheas e un deporte no que está dentro da élite.
Os goleadores do sábado aljo movidos, co seu instructor, que lle dixo como tiñan que faser para marcar.
CEA DA AGRUPACION
Aquí vemos a representación do Rosalia que acudiu a cea da agrupación, Marcos e Juan coas suas respectivas acompañantes. Como se pode ver non deixaron ningun vaso cheo nin ningunha botella, salvo o vaso de tubo da dereita, que era frenadol.
METAL NOIA 2 - ROSALIA 2
Novo partido para o olvido. Si ben noutra situación un empate fora podería considerarse como positivo, na que nos atopamos agora non o é, xa que tan só nos empezan a valer as victorias e non somos quen de acadalas. Empezamos ben o partido pero a media hora e na súa primeira chegada xa se adiantan. Empezaron a aflorar os nervios e eles foron soltándose . Nos íamos a polo empate e Pichilán manda o pau un remate de cabeza nun corner logo de rebotar nun contrario. Non sei cantos paus levamos pero son xa demasiados. Pouco despois a conexión Pichi-Minchas funciona e logo dun gran pase de Pichi, deixa so a Minchas ante o porteiro que non perdoa e firma o empate a un pouco antes de ir o descanso. Parecía que nos íamos a levar os tres puntos xa que nos veíamos superiores.
Empezou a segunda parte e empezaron a crear perigo, sempre con xogadas artelladas polo seu mediapunta, que dou unha lección de cómo se xoga entre liñas e que nos creou moitisimos problemas. Nunha desas xogadas adiántanse nunha acción na que pecamos de indolentes e blandos atrás pois non fomos quen de facerlle unha falta a un xogador que se foi de tres homes nosos e plantouse só ante Mariño que nada puido facer. De novo os nervios nos atenazaban e íamos desesperadamente cara riba de calquer xeito. Nun centro dende a esquerda Pichi ponlle un balón perfecto a Toño no segundo pau, e coa porta baleira manda incomprensiblemente fora. Eles ameazaban con contras continuas e tamén mandan un balón o poste logo de meter pé Pichilán in-extremis ante un remate dende a frontal. Noutra contra consigo rabuñarlle o balón e frenalo o suficiente para que o seu dianteiro que quedaba so non acertase ante a saída de Mariño. A sorte dabanos a espalda de novo, e Ramoní manda un cañonazo dende 40 mts. que se estrela no longueiro da escadra esquerda co meta xa batido. Pero no minuto 89, subimos os centrais a un corner e consigo gañarlle por alto o balón a defensa de cabeza rematando o pau contrario, que como non, bate no poste, Pichi non acerta a empuxala para dentro e cando parecía que era unha nova ocasión perdida queda o balón os pés de Buela que sí acerta e firma o definitivo empate. Vamos de últimos e non podemos perder os nervos como fixemos nalgunhas fases do partido, todos sabemos os erros que cometemos e so queda intentar desterralos, e o que non podemos e perder a cabeza e poñernos a berrar entre nos, xa que eso non axuda en nada, e todos fallamos e non hai ninguen perfecto. Como a can flaco todo son pulgas, na primeira parte lesionaronse Pablo e Barros, quedando o equipo sen trocos para non variar, e xogando con Buela que veu estando como esta dos xeonllos que lle permiten correr a duras penas. Para a semana esperemos que volte Lucas, tamen lesionado e Topi e Marquitos, que esta semana non viñeron. Que Dios ou quen sexa nos axude porque nos vai facer boa falta.